Carballedo organiza unha excursión a Lugo o 28 de outubro

RibeiraSacraXa
As prazas son limitadas e haberá que inscribirse previamente
lugo-muralla_centro_vista
25 Oct 2025

O Concello de Carballedo organiza para o sábado 28 de outubro unha excursión gratuíta para as persoas empadroadas no municipio, co obxectivo de descubrir os principais atractivos culturais da cidade de Lugo.

A saída será ás 9:00 horas desde a Praza do Concello, e o regreso está previsto arredor das 21:00 horas. Durante a xornada, os participantes poderán visitar a Catedral, a Muralla Romana e o Museo Provincial de Lugo, co transporte e o xantar incluídos na actividade.

As prazas son limitadas, polo que o Concello recomenda realizar a reserva chamando ao 982 46 62 01 o antes posible. Esta iniciativa ofrece unha oportunidade única para gozar dunha xornada cultural e lúdica sen custos para os veciños e veciñas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.071856021881104