Carballedo organiza unha cita co teatro este sábado

Carballedo acollerá este sábado 13 de decembro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Concello, a representación da obra ‘Vaise pechar outra casa máis’, a cargo do Grupo de Teatro Os Baluros, de Castro de Rei.
Trátase dunha actividade dirixida a todos os públicos, de carácter gratuíto e aberta a toda a veciñanza ata completar aforo.