Carballedo organiza un obradoiro de xabón natural en decembro

RibeiraSacraXa
Así, as persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando ao 982 466 201 e fabricar os seus xabóns polo método tradicional de saponificación
xabon
20 Out 2024

O Concello de Carballedo organiza un obradoiro de xabón natural os vindeiros 4 e 5 de decembro, cos que se poderán facer agasallos de Nadal 100 % naturais.

Así, as persoas interesadas en participar poderán inscribirse chamando ao 982 466 201 e fabricar os seus xabóns polo método tradicional de saponificación a partir de aceites vexetais e perfumados con aceites esenciais naturais.

Desta maneira, o primeiro bloque será o 4 de decembro, cando se impartirá teoría do xabón e técnicas de elaboración artesanal, falaranse dos ingredientes e das medidas de seguridade da xaboería, o método de elaboración en frío do xabón, técnicas de decoración e xabón de fantasía.

Pola súa parte, o segundo bloque será o 5 de decembro, no que se falará das plantas da contorna como ingredientes de xabón medicinal, a elaboración de plantas para o xabón, o método de elaboración en quente do xabón, a calculadora de saponificación e o xabón medicina con plantas da nosa contorna, corte e decoración.

0.18895411491394