Carballedo organiza un curso de primeiros auxilios o 13 de setembro

O Concello de Carballedo acollerá o sábado 13 de setembro un curso de primeiros auxilios dirixido á veciñanza que desexe adquirir coñecementos básicos nesta materia. A sesión desenvolverase no Salón de Actos municipal entre as 9:30 e as 14:30 horas.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 46 62 01 e preguntando por Alba, xa que as prazas son limitadas.
Dende a organización recomendan reservar canto antes para garantir a participación nesta actividade formativa de utilidade práctica para o día a día.