Carballedo organiza un concurso de decoración de Nadal

O Concello de Carballedo organiza un concurso de decoración de Nadal no que poderán presentarse todas aquelas persoas do concello que teñan instalado algún tipo de decorado nas súas vivendas ou exteriores.
Os interesados e interesadas en participar deberán enviar unha imaxe dos seus decorados de Nadal á direción de correo info@concellocarballedo.es. O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 22 de decembro.
O Concello repartirá un total de 325 euros en premios: 150 euros para o primeiro posto, 100 euros para o segundo e 75 euros para o terceiro.