Carballedo organiza no mes de xuño un obradoiro de iniciación ao bordado

O Concello de Carballedo organiza un obradoiro de bordado a man, que será impartido por Dánae Mariño. A actividade, baixo o nome "Carballedo Bordado", está dirixida a persoas interesadas en iniciarse nas técnicas básicas do bordado, decorando unha bolsa de tea (tote bag) con elementos inspirados na natureza local, como follas de carballo, landras e o nome do concello.
O obradoiro desenvolverase en dúas sesións cun total de catro horas de duración, que terán lugar o día 27 de xuño de 20.00 a 20.30 horas e o venres, 28 de xuño, 18.45 a 22.15 horas.
Durante as sesións, as persoas participantes aprenderán a utilizar os materiais e ferramentas básicos do bordado, a aplicar puntos como o punto atrás, punto recheo e punto talo, así como a transferir e bordar un deseño personalizado sobre tea. O curso rematará cunha guía de consellos para o coidado da peza finalizada.
Para participar será necesario inscribirse previamente a través do teléfono 982 466 201.