Carballedo organiza a ‘Festa dos Nenos’ cunha tarde de diversión e xogos para os máis pequenos

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro sábado, 21 de xuño, no pavillón municipal de A Barrela
festa-dos-nenos-carballedo
14 Jun 2025

O Concello de Carballedo anima a todos os nenos e nenas a participar na ‘Festa dos Nenos’, unha tarde pensada para o desfrute dos máis pequenos que terá lugar o sábado 21 de xuño no pavillón municipal de A Barrela.

A actividade desenvolverase de 17:00 a 19:00 horas e ofrecerá un completo programa de lecer con inchables, festa da escuma, un tobogán acuático-terrestre, atraccións e, para poñer o broche final, unha merenda para todos os participantes.

A festa está dirixida a menores de 13 anos e require inscrición previa, que se pode formalizar chamando ao número 982 466 201.

O Concello convida ás familias do municipio a sumarse a esta xornada chea de alegría e entretemento, pensada para que os máis pequenos gocen dun día especial nun ambiente seguro e divertido.

⚙ Configurar cookies
0.17384696006775