Carballedo festexará o Entroido o 2 de marzo no Pavillón Municipal
RibeiraSacraXa
Haberá música e actividades para os máis pequenos

17 Feb 2025
O Concello de Carballedo organiza unha festa no Pavillón Municipal para celebrar o Entroido de 2025. Será o sábado, 2 de marzo, a partir das 18.30 horas e está dirixida a toda veciñanza.
A festa correrá a cargo dos Dj’s Tibu e Hector, que serán os encargados de poñer a música, mentres que para os máis pequenos haberá animacións infantís. Ademais, a cativada poderá saudar a algúns dos seus personaxes favoritos, como Peppa Pig, Chase, Mickey Mouse e Minnie Mouse
Os asistentes poderán desfrutar de forma gratuíta de chocolate quente e churros.