Carballedo fai público o programa de actividades de Nadal para os máis pequenos

O Concello de Carballedo vén de facer público o programa de actividades de Nadal destinados aos máis pequenos do municipio.
As actividades arrancarán o 19 de decembro cunha videoconferencia con papá Noel que terá lugar ás 11.30 horas na aula de informática do Concello e que está destinada aos alumnos e alumnas do CEIP Xosé Luis Taboada.
O 22 de decembro terá lugar unha Festa de Nadal con Papá Noel, que incluirá a representación teatral ‘Elfos en prácticas’, ás 17.00 horas, e a posterior recepción de Papá Noel, a partir das 17.45 horas no salón de Actos do Concello.
O día 5 de decembro, ás 17.45 horas, os Reis Magos chegarán ao Concello. Ademais, ese mesmo día terá lugar o contacontos ‘Tuturu chegou o paxe’
Ademais destas actividades, o Concello de Carballedo convoca un Concurso de Decoración de Nadal no que poderán presentarse ata o 22 de decembro todas aquelas persoas do concello que teñan instalado algún tipo de decorado nas súas vivendas ou exteriores.