Carballedo celebrará o Entroido o 15 de febreiro cun concurso de disfraces

O Concello de Carballedo prepara a celebración do Entroido cun completo programa de actividades para o 15 de febreiro, co tradicional Concurso de Disfraces que sairá ás 18:00 horas no Pavillón Municipal da Barrela. O Concello repartirá premios de 550 euros para as categorías individuais e comparsas.
Tras o concurso, terá lugar o show infantil e familiar “Pequedisco Moc Moc”, unha festa con música, baile, humor e animación pensada para o disfrute de todas as idades. Para rematar a tarde, os asistentes disfrazados poderán gozar dun chocolate con churros de balde.