Carballedo celebra este sábado a III Festa do Cocido de Porco Celta

RibeiraSacraXa
O pregón desta edición correrá a cargo de Juan Verde e, ao longo da xornada, haberá rutas e carreiras de cabalo, música e comida
feira-do-cocido-porco-celta-carballedo
10 Apr 2026

Carballedo vivirá o vindeiro 11 de abril unha das súas grandes citas do ano coa celebración da III Festa do Cocido de Porco Celta, unha xornada dedicada á tradición, á gastronomía e ao ambiente propio da Ribeira Sacra.

O pregón desta edición correrá a cargo de Juan Verde, emprendedor global e ex alto cargo do Goberno dos Estados Unidos, coñecido polo seu traballo como referente internacional en economía sostible. A súa intervención dará inicio oficial á celebración.

O programa da festa comezará ás 10:00 horas cunha ruta a cabalo. Ás 12:30 horas terá lugar a misa, seguida da sesión vermú ás 13:15 horas, que contará coa animación musical da charanga Unión Phenosa.

O xantar celebrarase ás 14:15 horas. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, desenvolveranse carreiras de cabalos. Para pechar a xornada, a charanga Unión Phenosa volverá actuar a partir das 20:00 horas, poñendo o broche musical á celebración.

0.11576294898987