Carballedo acollerá unha sesión de risoterapia para mulleres

O Concello de Carballedo, no marco das accións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, organiza unha actividade de risoterapia dirixida a mulleres maiores de 16 anos.
A través desta proposta, as participantes poderán experimentar os beneficios da risa para a saúde, como a mellora da capacidade respiratoria, a redución do estrés e da ansiedade ou a eliminación de toxinas, entre outros efectos positivos.
A sesión celebrarase o venres 20 de xuño, de 19:00 a 20:30 horas, no ximnasio municipal. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no Concello, e recoméndase que aquelas que dispoñan dunha esterilla a leven á actividade.