Carballedo acollerá un obradoiro sobre benestar físico e emocional para maiores de 60 anos

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar os días 27, 29 e 31 de outubro
obradoiro-corpo-e-mente-carballedo
14 Oct 2025

Carballedo acollerá a finais de outubro o obradoiro “Corpo e Mente”, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 60 anos que queiran mellorar o seu benestar físico e emocional.

A actividade celebrarase os días 27, 29 e 31 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, nas instalacións do propio Concello de Carballedo, e será de balde para todas as persoas participantes.

Durante as sesións abordaranse cuestións como a xestión emocional, a nutrición básica e a comunicación efectiva, con dinámicas prácticas que buscan promover hábitos saudables e unha vida máis activa e equilibrada.
Desde o Concello animan á veciñanza a participar neste programa, “un espazo pensado para potenciar o benestar e favorecer o encontro entre persoas maiores”, segundo indican dende a organización.

As persoas interesadas poden obter máis información ou inscribirse chamando ao 982 466 201.

⚙ Configurar cookies
0.070418119430542