Carballedo acollerá un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello de Carballedo organiza un obradoiro de defensa persoal dirixido a mulleres, co obxectivo de ofrecer ferramentas básicas para mellorar a seguridade, a confianza e a capacidade de reacción ante posibles situacións de risco.
A actividade celebrarase o sábado 21 de marzo, en horario de 11:30 a 13:00 horas, e está aberta á participación de todas as interesadas ata completar aforo.
As inscricións poden realizarse a través do teléfono 982 466 201. Desde a organización lembran que as prazas son limitadas.