Carballedo acollerá o 20 de outubro un curso de nutrición e alimentación consciente nos Peares
RibeiraSacraXa
A actividade está organizada polo Concello, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cruz Vermella e AFAMMER.

13 Oct 2025
O Concello de Carballedo, xunto coa Xunta de Galicia, Cruz Vermella e AFAMMER, organiza este curso, que se celebrará o luns 20 de outubro no local do Consorcio de Os Peares, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a coidar da súa saúde a través da alimentación consciente. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 982 466 201.