Carballedo acollerá o I Trofeo Internacional de Kárate Ribeira Sacra
RibeiraSacraXa
Será este sábado, 5 de xullo, no Pavillón Municipal de A Barrela

1 Jul 2025
O próximo sábado, 5 de xullo, o Pavillón Municipal de A Barrela acollerá o I Trofeo Internacional de Kárate Ribeira Sacra. Será o primeiro evento internacional de kárate que se celebre nesta zona.
Será unha xornada completa dedicada ao deporte e ás artes marciais no corazón da Ribeira Sacra, con entrada libre e gratuíta. A organización convida a todos os veciños e veciñas a achegarse ao pavillón para disfrutar da competición.