Carballedo acollerá este outubro unha serie de cursos gratuítos sobre habilidades dixitais e hábitos saudables

RibeiraSacraXa
Os participantes aprenderán a configurar alertas de emerxencia e contactos importantes no móbil, a usar aplicacións para a memoria e o exercicio mental, así como formas de alimentación para manterse activo
Imaxe de adolescentes empregando as novas tecnoloxías
11 Oct 2025

O aula CEMIT de Carballedo acollerá durante o mes de outubro unha serie de cursos gratuítos dentro do programa Activa tu vida digital, dirixidos a toda a cidadanía interesada en mellorar as súas habilidades dixitais e hábitos saudables.

O 16 de outubro ensinarase a configurar alertas de emerxencia e contactos importantes no móbil. A seguinte sesión, o 23 de outubro, estará dedicada a aplicacións para a memoria e o exercicio mental, mentres que o 30 de outubro abordarase a temática de alimentación para manterse activo.

Todas as actividades desenvolveranse en horario de 11:00 a 12:00 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 982 46 62 01.

⚙ Configurar cookies
0.070899963378906