Cancélase o evento 'Ouveos do Castañazo' por non poder levalo a cabo no local establecido
O evento ‘Ouveos do Castañazo’ organizado polos promotores do Festival O Castañazo de Chantada, informan de que se cancela o evento “ante a imposibilidade de realizalos no local que tiñamos previsto e pese ao traballo intenso destes días por atopar unha alternativa viable”.
Así, din que un dos propósitos da asociación é ofrecer alternativas culturais na vila que favorezan á vida e desenvolvemento dela. “Por iso, creemos necesarias propostas como os Ouveos do Castañazo e continuamos a traballar para realizalos noutras datas coas condicións axeitadas para poder desfrutar dunha das cousas que máis nos gusta”.
Así, adiantan que a iniciativa de concertos “vai vir cargadiña de sorpresas” e ademais avanzan que confirmarán proximamente as catro primeiras actuacións que farán parte do Castañazo 2024.