Cancélanse os actos do Xoves de Comadres de Monforte polo mal tempo
RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de comunicar a decisión de suspender os actos da Praza de España (a concentración de centros de ensino e comadres individuais, comunicación de premiados e queima da comadre oficial) debido ás alertas por climatoloxía adversa previstas para esta tarde.
8 Feb 2024

A suspensión obedece, por tanto, a motivos de seguridade, especialmente polos nenos e nenas que participan habitualmente nesta concentración.
O xurado visitará todas as comadres que se presentaron a concurso: as 11 dos barrios, as 5 dos centros de ensino e as 4 individuais, e emitirá o seu veredicto que trasladará aos medios de comunicación e publicara nas redes sociais e a páxina web do Concello.