Campaña de compostaxe doméstico en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil ofrece un composteiro e unha sesión de formación dunha hora de balde antes do 7 de maio.
compostaxe cartel ribas do sil
29 Abr 2021

O concello agasalla ós seus veciños con 25 composteiros individuais. Para reservar un hai que chamar ó teléfono indicado antes do día 7 de maio.

Neste día os veciños seleccionados por rigoroso orde de inscrición recibirán o seu composteiro ás 4 da tarde, logo dunha hora de formación no salón de actos do concello. Os composteiros servirán para poder facer abono a partir dos restos orgánicos que produzan nas súas casas. Neste mesmo día 7 de maio os nenos do colexio tamén asistirán pola mañá a unhas charlas sobre reciclaxe a cargo dos técnicos de Sogama, e seguidamente ás 12 da mañá poderán ver chegar á praza o novo camión do lixo que ven de adquirir o noso concello.

0.052817106246948