Caixa Rural vólcase co deporte
Caixa Rural Galega uniuse ao resto de entidades do Grupo Caixa Rural, a Seguros RGA e ao equipo ciclista que patrocinan para celebrar o Día Solidario e demostrar o seu espírito sostible e social, colaborando coas persoas que máis o necesitan doando o 10% das pólizas de seguros que se vendan hoxe a Cáritas que, co seu proxecto Dereito á alimentación, proporciona axuda de primeira necesidade ás persoas con dificultades.
Para facer máis visible o Día Solidario, durante o día de hoxe os empregados do Grupo Caixa Rural e Seguros RGA vestiron unha camiseta verde solidaria e sostible deseñada especialmente para este día, un día no que valores que comparten, como o compromiso e a axuda aos demais, brillan máis que nunca.
O Día Solidario é o complemento perfecto da Volta en Verde, a acción de sustentabilidade que realizaron, de maneira conxunta, o equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA, a aseguradora e as Caixas Rurais con presenza no percorrido da Volta a España e mediante a que se realizou unha doazón de 2.000 € por cada etapa a unha entidade local para proxectos sostibles e solidarios.
RECEPCIÓN A ADIARATOU
A atleta lucense e militante do Lucus Caixa Rural Galega foi recibida hoxe polo histórico patrocinador do equipo de atletismo Lucus nos seus servizos centrais co obxecto de homenaxear e recoñecer o enorme éxito que para o club e para a cidade de Lugo supuxo a súa xesta ao volver dos Xogos Paralímpicos de Tokio cunha medalla de ouro nos 100 metros lisos e unha de prata nos 400 metros lisos.
A atleta lucense agradeceu o recibimento e os aplausos recibidos e mostrou as súas medallas olímpicas nun acto no que recibiu da man do Director Xeral de Caixa Rural Galega unha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu enorme éxito, así como o do seu adestrador, tamén presente no acto, e da directiva e o persoal do Club Lucus Caixa Rural Galega.
Adiaratou comentou que empezou a correr no Club Lucus e que nunca se puxo obxectivos como o éxito alcanzado nos Xogos Paralímpicos de Tokio pero “mi ilusión e obxectivo de sempre fora correr”.
A fazaña desta destacadísima atleta é a maior lograda polo Club en palabras do seu presidente Manuel Ignacio Castro-Gil que destacou o orgullo que supón tanto para o Club como para a cidade de Lugo. Tamén resaltou “o impulso e o reclamo que esta fazaña supón para un deporte como o atletismo, sobre todo entre os máis novos que son a base sobre a que se forxan futuros atletas, ademais de contribuír á formación como como persoas e a unha vida saudable ente os máis novos”.
Polo seu lado, o Director Xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Méndez, destacou a enorme satisfacción que supón para a Entidade a visita e o poder recoñecer un éxito desta relevancia. Igualmente destacou “a importancia que supón para a Entidade o manter un patrocinio con máis de 30 anos de relación continuada, cuxa finalidade fundamental é promover a práctica do deporte, e en especial do atletismo”. Jesús Méndez explicou que colaboracións deste tipo permiten á Entidade materializar dunha maneira moi satisfactoria unha contribución á sociedade dado que o fomento da práctica do deporte ten un compoñente social moi importante.