Buscan voluntarios para unha xornada reforestación de Paradapiñol, en Quiroga

RibeiraSacraXa
Terá lugar este sábado e as inscricións poden realizarse ata o venres
incendio-quiroga
5 Mar 2026

A Fundación Obra Social Abanca, a través do programa Actua Voluntariado, organiza un proxecto de reforestación na zona de Paradapiñol, no Concello de Quiroga, afectada polo gran incendio forestal do pasado verán. A iniciativa consistirá na plantación de 700 árbores autóctonas, entre castiñeiros, cerdeiras, maceiras, pereiras, aciñeiras, figueiras e varias especies de arbustos.

A reforestación terá lugar este sábado 7 de marzo, entre as 10:00 e as 14:00 horas. Os voluntarios interesados deben inscribirse ata o venres 6. O punto de encontro será en Paradapiñol ás 9:30 da mañá. A organización lembra que a participación é voluntaria e que todas as persoas interesadas están convidadas a colaborar na recuperación desta zona afectada polo lume.

0.12152194976807