Branca Albán impartirá un obradoiro de baile tradicional na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
O Concello da Pobra do Brollón, con motivo das actividades a desenvolver durante este mes de marzo, mes da Muller, organiza este venres, 15 de marzo, un obradoiro de baile tradicional para corpos diversos.
13 Mar 2024

Que pasa cando cando bailamos? será impartido por Branca Albán na Casa da Cultura entre as 18.30 e as 20.30 horas deste venres, no que poderán participar todas as persoas interesadas de maneira gratuíta.
Albán fala desta actividade como un “obradoiro aberto no que analizaremos os mandatos corporais e o xeito de adaptarse aos tempos que corren. Bailaremos os marcos, moveremos os corpos".