Brais das Hortas chega este sábado á Pobra do Brollón co seu espectáculo ‘Consertasso na Horta’

RibeiraSacraXa
Será ás 17:30 na Casa da Cultura Olga Novo
Brais das Hortas
Brais das Hortas
26 Dec 2025

Este sábado, 27 de decembro, ás 17:30 horas, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá o espectáculo para público familiar ‘Consertasso na Horta’, a cargo de Brais das Hortas.

Nesta proposta, o músico interpretará diversos personaxes que farán un percorrido por estilos que van desde a música tradicional ata a electrónica, pasando polo punk, o chill-out, o trap e as regueifas.

O espectáculo ofrece unha mirada irónica sobre a sociedade actual, adaptada a todos os públicos, e transmite unha mensaxe de esperanza no cambio sostible para as futuras xeracións.

Brais das Hortas conta con máis de 20 anos de traxectoria musical, tendo formado parte de grupos como Mamá Cabra, Sons Miúdos, Banda Fura Fura e colaborado con artistas como Ataque Escampe, Sofía Espiñeira ou Peter Punk Pallaso.

No concerto, a música e o humor combínanse para toda a familia, con escenas como a Santa Compaña cantando trap entre patacas, unha pulga punk, caracois reivindicando o reggae, lagartos tomando o sol con tumbao e kiwis bailando ska.

⚙ Configurar cookies
0.08656907081604