Bóveda Slam Poetry prepara o seu cuarto encontro na Casa da Memoria

A Casa da Memoria acollerá o vindeiro 25 de abril ás 18:30 horas o cuarto encontro de Bóveda Slam Poetry, unha cita na que a poesía e a música se darán a man nun ambiente participativo.
Desde a organización convidan ás persoas interesadas en ler os seus poemas a subirse ao escenario neste encontro no que o público elixirá ao gañador ou gañadora, que se clasificará para a gran final. Polo de agora, os poetas clasificados son Yolanda Alcas e Peter Brea.
Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado. Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda decenas de poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica.