Bóveda Slam Poetry comeza unha nova edición o vindeiro 28 de marzo

RibeiraSacraXa
A organización convida a todas aquelas persoas interesadas a anotarse e recitar os seus poemas
boveda-slam-poetry-2026
22 Mar 2026

O Bóveda Slam Poetry - Kulturnavila celebrará unha nova edición o vindeiro sábado 28 de marzo ás 18:30 horas na Casa da Memoria de Bóveda. A iniciativa, aberta á participación do público, convida a todas aquelas persoas interesadas a recitar as súas propias creacións poéticas. Para inscribirse, as persoas participantes deben enviar o seu nome ou pseudónimo e un número de teléfono ao correo electrónico bovedaslampoetry@gmail.com.

O proxecto Bóveda Slam Poetry comezou a súa andaina en marzo de 2023 co obxectivo de achegar a poesía escénica ao ámbito rural e converter o municipio nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam existentes no conxunto do Estado. Desde entón, máis de 30 poetas pasaron polos distintos encontros organizados, consolidando esta proposta cultural como un espazo de encontro e expresión artística arredor da palabra.

0.11623406410217