Bóveda promove unha actividade de lectura e inclusión para a cidadanía

RibeiraSacraXa
O Club de Lectura Fácil de Bóveda reúnese unha vez ao mes
Club-Lectura-Fácil-Bóveda
8 Xuño 2024

O Club de Lectura Fácil de Bóveda celebrou unha nova reunión a pasada semana na que participaron usuarios e usuarias da residencia e veciños e veciñas da localidade.

As reunións do Club celébranse unha vez ao mes, normalmente os venres pola mañá e a iniciativa está aberta tamén para persoas maiores con dificultades de visión.

As persoas interesadas poden obter máis información na Biblioteca Municipal de Bóveda co fin de apuntarse e participar desta actividades inclusiva.

0.096451044082642