Bóveda prepárase para recibir aos Reis Magos este luns

RibeiraSacraXa
As súas maxestades reais estarán no Centro Sociocultural a partir das 12:00 horas
reis-magos-boveda
4 Jan 2026

Este luns, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán no Centro Sociocultural de Bóveda ás 12:00 horas para compartir un momento especial con toda a veciñanza.

Nesta visita, Felipe Díaz, coñecido como Caxoto, acompañará ás súas Maxestades coa representación do espectáculo ‘Un paxe real en apuros’, unha divertida actuación que promete entreter aos nenos e nenas asistentes.

Unha cita esperada que achega a maxia do Nadal ao municipio e que convida a toda a comunidade a gozar dunha xornada chea de ilusión e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.075023889541626