Bóveda organiza unha charla sobre as mulleres astrónomas co gallo do 8M

RibeiraSacraXa
Será o sábado, 8 de marzo, no Centro Sociocultural
Imaxe dunha muller con motivo do 8M
3 Mar 2025

O Concello de Bóveda, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller, organiza unha charla sobre “astrónomas inesquecibles” para celebrar o 8M da USC.

É unha das primeiras actividades que o Goberno local organiza arredor do  miradoiro astronómico de Serra de Penas, coa idea de seguir programando accións relacionadas coa astronomía e promocionar este tipo de visitas no concello.

Nesta primeira actividade, coordinada polo o profesor José Ángel Dacobo, participarán cinco estudantes de Física e colaboradores do Observatorio, entre as que se atopa Nerea Puime, veciña de Bóveda.

A charla será o día 8 de marzo ás 17.30 no Centro Sociocultural de Bóveda. O acceso á actividade é libre e gratuíto para todas as persoas que queiran asistir.

⚙ Configurar cookies
0.17511701583862