Bóveda organiza a tradicional xuntanza de corais este venres
RibeiraSacraXa
Será no Centro Sociocultural e contará coa participación da Coral Infantil de Paradela e da Coral Municipal de Bóveda

19 Dec 2024
O Concello de Bóveda, dentro do programa de actividades previstas para este Nadal, organiza este venres, 20 de decembro, a tradicional xuntanza de corais.
A actuación terá lugar ás 20.30 horas no Centro Sociocultural e contará coa participación da Coral Infantil de Paradela e da Coral Municipal de Bóveda, que interpretarán Panxoliñas de Nadal.