Bóveda lanza o XI Concurso de Carteis para a XXI Feira Outrora de Rubián

RibeiraSacraXa
A data límite para enviar os traballos é o 6 de xuño
Feira-Outrora-Rubián-2024
Feira Outrora 2024
7 May 2025

O Concello de Bóveda convoca o XI Concurso de Carteis para a XXI Feira Outrora de Rubián, que se celebrará o próximo 14 de xullo. O concurso busca un deseño que capture a esencia desta feira tradicional, inspirada nos mercados galegos de finais do século XIX e principios do XX.

As persoas interesadas poden enviar as súas propostas ata o 6 de xuño. Poderán participar todas as persoas que o desexen, sempre que as obras sexan inéditas. Ademais, as persoas menores de 16 anos poderán concursar cunha autorización dun adulto responsable.

O cartel gañador recibirá un premio de 400 euros e será a imaxe oficial da Feira Outrora 2025. Os traballos poderán presentarse por correo físico ou electrónico, e o xurado, presidido pola Concellaría de Cultura, elixirá ao gañador. No caso de que os carteis non alcancen a calidade agardada, o concurso podería declararse deserto.

⚙ Configurar cookies
0.16088485717773