Bóveda inaugurará unha exposición de pintura o sábado con motivo do 25 N
RibeiraSacraXa
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Bóveda organiza a exposición de pintura 'Aprender o corpo.
20 Nov 2023
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Bóveda organiza a exposición de pintura 'Aprender o corpo. Luz, cor e sombra' de Xulia López Puente.
A mostra inaugurarase o propio 25 de novembro no Centro Sociocultural do Concello ás 18.00 horas.
Os interesados poderán achegarse e visitala de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e os luns, mércores e venres de 16.30 a 18.30.