Bóveda inaugurará este venres a Casa do Maior ‘Agarimo’

RibeiraSacraXa
En total, o concello conta con dúas novas casas do maior, que suman 10 prazas de atención diúrna
inauguracion-casa-do-maioir-boveda
8 Jan 2025

Bóveda inaugura este venres, 10 de xaneiro, a Casa do Maior ‘Agarimo’, cunha xornada na que os asistentes poderán coñecer máis en profundidade as actividades que se levarán a cabo neste centro, que se suma ao de San Fiz.

En total, o concello conta con dúas novas casas do maior, que suman 10 prazas de atención diúrna, unha na parroquia de San Fiz de Rubián (Casa do Maior ‘O Catadoiro’) e outra na de Bóveda. Estes centros recibiron en conxunto máis de 120.000 euros da Xunta de Galicia para a súa creación e o desenvolvemento da súa actividade.

Ademais da inauguración, que terá lugar as 20.00 horas, haberá unha xornada de portas abertas na Casa do Maior ‘O Catadoiro’ os días 9 e 10 de xaneiro entre as 10.00 e as 13.30 horas para as persoas que queiran achegarse e coñecer máis sobre as iniciativas levadas a cabo neste centro.

Por su parte, el ayuntamiento de Bóveda contará con dos nuevas casas del mayor, que suman 10 plazas de atención diurna, y que se localizarán en las parroquias de San Fiz de Rubián y en la de Bóveda. Estos centros recibirán en conjunto más de 120.000 euros para su creación y desarrollo de su actividad.

0.20902299880981