Bóveda inagurará a mostra de pintura de Alejandro Olmo baixo o nome de 'Samaín'
O Concello de Bóveda quenta motores de cara ao Samaín e o 26 de outubro inaugura, no Centro Sociocultural, a mostra de
pintura de Alejandro Olmo baixo o nome de 'Samaín', concretamente ás 17.00 horas.
A exposición vai estar composta por preto de 15 cadros de técnica mixta coa temática propia desta data e a maior parte dos cadros que conforman esta exposición de pintura xa foron exhibidos en Madrid na colección 'Ángeles o demonios', aínda que
tamén haberá pezas novas.
Alejandro Olmo é natural de Monforte. Iniciouse na pintura na Academia de Arte Galega e completou os seus estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. O seu estilo amosa unha mestura entra a arte conceptual e o surrealismo. Traballa con técnicas mixtas e materiais diversos, desde o acrílico ata a acuarela, os xesos e madeiras.