Bóveda festexará o San Martiño o vindeiro luns
RibeiraSacraXa
O San Martiño de Bóveda regresa un ano máis cun magosto popular e as actuacións musicais dos dúos 'Estrellas' e 'Alba y Selu'
Cartaz do San Martiño de Bóveda 2024
5 Nov 2024
Bóveda festexa un ano máis o San Martiño cunha programación na que non faltará música nin as tradicionais castañas asadas.
As celebracións terán lugar o vindeiro luns, 11 de novembro, no Campo da Festa, cunha sesión vermú a cargo do Dúo 'Estrellas'. Posteriormente, haberá un pulpo e churrasco para os asistentes e ás 22.00 horas terá lugar un magosto popular e unha posterior festa a cargo dos dúos 'Estrellas' e 'Alba y Selu'.