Bóveda festexa o Día do Libro con obradoiros, contacontos e actividades para todos os públicos

RibeiraSacraXa
As actividades levaranse a cabo este mércores e xoves na Biblioteca Municipal
carral-libros
22 Apr 2025

A Axencia de Lectura Municipal do Concello de Bóveda organiza un amplo programa de actividades entre este mércores e xoves con motivo da celebración do Día do Libro.

O mércores, 23 de abril, haberá unha xornada de portas abertas entre as 11.45 e as 18.45 horas. Ademais, ás 11.15 horas terá lugar o contacontos ‘Moitas formas de contar’, a cargo de Violetta Della Roca. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 8 anos de idade. Ás 12.00 horas haberá outro contacontos, neste caso para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, titulado ‘Contamos con Sombras’.

Ademais, durante toda a xornada desenvolverase a actividade ‘A Biblioparroquia’, un programa de extensión bibliotecaria con reparto de “bibliocaixas” con fondos da biblioteca a todos os locais das parroquias que o soliciten.

Para rematar, o día 24 de abril haberá unha reunión do Club de Lectura Fácil de Bóveda. A obra elixida para esta actividade será ‘El Principito’.

⚙ Configurar cookies
0.1688449382782