Bóveda estrea rotonda nun antigo punto negro
A rotonda da intersección das estradas autonómicas LU-652 (Bóveda-A Pobra do Brollón) e LU-546 (Lugo-Monforte) ao seu paso por Bóveda está practicamente rematada. Con esta construción preténdese mellorar a seguridade viaria na zona así como as condicións tanto do tráfico rodado como do peonil.
Os traballos de construción desta glorieta iniciáranse en outubro de 2020 co fin de eliminar un cruce que constituía un antigo punto negro na rede de estradas da comarca de Monforte. As obras supuxeron un investimento de 212.000 euros da Consellería de Infraestruturas.
A nova glorieta ten un diámetro interior de 21 metros e un diámetro exterior de 41, con accesos e saídas con un único carril. A plataforma da glorieta ten dos carrís de catro metros ademais de arcéns de un metro de ancho.
Na saída da rotonda permítese dar un xiro á esquerda para acceder á vía que leva ao parque empresarial de Bóveda. Os traballos supuxeron tamén a renovación da sinalización horizontal e vertical, e a reubicación no centro da glorieta da farola que estaba na entrada ao antigo cruce desde a travesía de Bóveda.