Bóveda escolleu aos gañadores do concurso de Entroido

RibeiraSacraXa
O Concello elixiu aos gañadores do concurso de disfraces que convocara a través da súa conta oficial de facebook
A Desescarallada
22 Feb 2021

O Concello de Bóveda xa elexiu aos gañadores do concurso de disfraces de Entroido, posto en marcha a través da súa conta oficial de facebook. Os gañadores son aqueles que obtiveron máis 'gústame' en cada unha das categorías, quedando desertas aquelas nas que non houbo participación.

Os gañadores do certame recibirán vales económicos para gastar nos establecementos do municipio. Persoal municipal porase en contacto con eles para informalos da forma de canxear o premio.

Atendendo ás bases do certame, establecéranse dúas categorías diferenciadas para aqueles disfraces que participasen polo concello de Bóveda e os que o fixesen desde outras localidades.

Así, no primeiro grupo, o dos participantes por Bóveda, os gañadores foron:

  • Na categoría individual infantil: 'Alma Arias', de Alma Arias Vázquez, con 629 'gústame'
  • Na categoría individual adulto: 'El problema es que me he comido unas almendritas', do Domus Vi Bóveda, 524 'gústame'
  • Na categoría parella mixto: 'Sara Frida Kahlo Calderón e o seu marido Humberto Rivera ', de Humberto Arias e Sara Grandío, 361 'gústame'
  • Na categoría parella adulto, 'O vacinazo de Margaret Keenan ou a imaxe que fará historia', do Domus Vi Bóveda, 286 'gústame'
  • Na categoría grupo mixto, 'Daniela, Dylan e papis: familia unicornio', de Carlos Andrés Lamus, Alba López, Daniela Johana e Dylan Lamus, 361 'gústame'
  • Na categoría grupo adulto, 'A Desescarallada', do Domus Vi Bóveda, 322 'gústame'

En canto ao segundo grupo, o de participantes doutros concellos, resultaron vencedores:

  • Na categoría individual infantil, 'Luca Manostijeras' , de Lucas Rois Filomena do Saviñao, con 441 'gústame'
  • Na categoría individual adulto, 'Pirata' de Luisa Astray García, de Monforte, 32 'gústame'
  • Na categoría parella infantil, 'Fabricando as vacinas "Astra Zéneca de Hacendado" e "Pfizer na casa", de David Pérez e Paula Pérez, de Lugo, con 140 'gústame'
  • Na categoría parella mixto, 'Gertrudis e Gervasio',  de María Nery González Pérez e Iago Fernández, de Monforte, con 546 'gústame'
  • Na categoría grupo adulto, 'Morte ao bicho' do centro de día de persoas maiores da Pobra do Brollón, 187 'gústame'

O goberno local agradece a alta participación no concurso, non só en canto ao envío das fotografías, senón tamén no importante número de votos que se recibiron para elixir aos gañadores.

Sara Frida Kahlo Calderón e o seu marido Humberto Rivera

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17215490341187