Bóveda conmemorou o 8M homenaxeando a labor das astrónomas

RibeiraSacraXa
Cun acto titulado “Astrónomas inesquecibles”, o concello de Bóveda homenaxeou a este colectivo e o seu traballo ao longo da historia
astronomas-ineesquecibles-boveda
Xornada 'Astrónomas inesquecibles' en Bóveda
10 Mar 2025

O Concello de Bóveda celebrou esta fin de semana, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, unha sesión conmemorativa sobre astrónomas inesquecibles, como un dos actos organizados con motivo do Día Internacional da Muller.

A xornada tivo por obxecto lembrar o traballo realizado, e non sempre recoñecido, por numerosas astrónomas ao longo do tempo, dende a antiga Grecia e Alexandría ata os nosos días.

Coordinado polo catedrático José Ángel Docobo, na iniciativa participou tamén persoal do Obsevatorio, como Nerea Puime,natural da parroquia de Martín, en Bóveda, Eva Seijas, Ángel Castro, David Area, así coma o Dr. Luca Piccotti.

⚙ Configurar cookies
0.76484298706055