Bóveda conmemorará o 8M con actividades de sensibilización durante todo o mes de marzo

O Concello de Bóveda prepara un programa repleto de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Sensibilizando: dereitos, xustiza, acción!”.
Entre o 5 e o 26 de marzo poderase visitar a exposición “As primeiras xornalistas, elas escribiron a Historia”, organizada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade. Entre o 6 e o 12 de marzo levarase a cabo o reparto de merchandising do “Proxecto Sensibilizando”.
O 6 de marzo haberá obradoiros infantís centrados en igualdade e corresponsabilidade. Ademais, os xoves 12 e 26 de marzo celebraranse sesións de cine feminista, e o 13 de marzo terá lugar na Biblioteca Accesible a actividade “Desmontando o mito do amor romántico. O amor non doe”.