Bóveda celebrará o Entroido o 15 de febreiro

RibeiraSacraXa
Haberá un xantar popular e festa con música e colchonetas inchables para os máis pequenos
entroido-boveda-2026
31 Jan 2026

O Concello de Bóveda celebrará o Entroido o vindeiro 15 de febreiro na Praza da Filgueira, aínda que en caso de mal tempo a actividade trasladarase ao pavillón municipal.

A xornada comezará ás 14.00 horas cun xantar popular a base de cocido, que terá un prezo de 10 euros. Tamén se ofrecerá un menú infantil, con pizza, por 5 euros, mentres que os nenos e nenas de 0 a 6 anos poderán asistir de balde.

Durante a celebración haberá música e colchonetas inchables para o desfrute dos máis pequenos.

As entradas xa están á venda nos establecementos locais. Dende o Goberno local animan á cidadanía a asistir disfrazada e participar nesta celebración do Entroido.

⚙ Configurar cookies
0.09178614616394