Bóveda celebrará o Entroido cun cocido popular
RibeiraSacraXa
Será o vindeiro un de marzo no Centro Sociocultural

9 Feb 2025
O Concello de Bóveda celebrará o seu Entroido o vindeiro un de marzo cun cocido para os veciños e veciñas.
A actividade arrancará ás 14.00 horas no exterior do Centro Sociocultural e, no caso de mal tempo, o evento trasladarase ao pavillón municipal.
Para participar, as persoas interesadas poderán anotarse nos supermercados Día e Claudio, na ferretería, na carnicería, na Salgueiriña e en Piensos Ribeira, en Bóveda. Ademais, en Rubía, os establecementos habilitados serán o estanco, o restaurante Paco e a farmacia.
Ademais de cocido, haberá un menú infantil con pizza por cinco euros e os menores de 6 anos poderán acceder gratis.