Bóveda celebra o mes da ilustración con exposicións e obradoiros

RibeiraSacraXa
Hoxe inaugúrase unha mostra sobre Siro López e o día 29 haberá obradoiros de ilustración para os máis pequenos do CEIP Rosalía de Castro
mes-da-ilustracion-boveda
19 Jan 2026

O Concello está a celebrar este mes de xaneiro o Mes da Ilustración, con actividades programadas para todas as idades.

Desde o pasado día 16 de xaneiro e con motivo destas conmemoracións, pode verse na Biblioteca a mostra ‘Grandes lustrador@s Galeg@s’.

Ademais, este luns, 19 de xaneiro, inaugúrase outra exposición fotográfica sobre Siro López e, o día 30, a Biblioteca accesible acollerá a actividade ‘Siro López: creador de imaxes e espazos’.

Para os máis pequenos do CEIP Rosalía de Castro haberá ademais dous obradoiros que se desenvolverán o día 29, un titulado ‘Ilustrando a Paz’, destinado aos nenos de infantil e primeiro ciclo de EP, e outro titulado ‘Iniciación á Ilustración’, para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de EP.

⚙ Configurar cookies
0.20556998252869