Bóveda celebra este martes o San Martiño

RibeiraSacraXa
Haberá misa, procesión, gaiteiros, pulpeira, baile e un bingo na carpa
san-martiño-boveda
10 Nov 2025

Bóveda festexa este martes 11 de novembro o San Martiño con misa, procesión, gaiteiros, pulpeira, baile e un bingo.

Os festexos comezarán ás 12:30 coa misa solemne, seguida dunha procesión acompañda por un grupo de gaiteiros. A sesión vermú arrancará ás 13:30 e estará amenizada pola música das gaitas e do Dúo Son de Festa. Ademais, además da barra, haberá unha pulpeira durante a sesión.

Xa pola tarde, a festa regresará á carpa coa Orquestra Gran Parada, que actuará a partir das 21:00 horas, seguida dunha sesión DJ e, no medio, ás 23:00 horas, celebrarase un bingo no que se repartirán premios entre os participantes.

⚙ Configurar cookies
0.084681034088135