Bóveda celebra as súas grandes festas os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro
Bóveda celebra as súas grandes festas os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro na honra de San Xil con diversas actividades musicais.
Así, o sábado 31 de agosto comezará a festa ás 23.00 horas cunha gran queimada popular amenizada polo dúo Estrelas e, despois, virá David Expósito coa súa música para continuar a verbena.
Pola súa parte, o domingo, 1 de setembro, as actividades comezarán co pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Bóveda e seguirán coa misa maior ás 12.30 horas, amenizada tamén pola Banda. Logo, haberá sesión vermú coa orquestra Triunfo e xa á noite, a partir das 22.30 horas, haberá festa e verbena coas orquestras Triunfo e Marbella.
Finalmente, o luns, 2 de setembro, haberá misa ás 12.30 horas, cantada polo Coro de Bóveda, logo terá lugar a sesión vermú, amenizada pola Orquestra Acordes, e xa á noite, a partir das 22.30 horas haberá festa e verbena coas orquestras Acordes e Fania Blanco Show.