Bóveda beneficiouse do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria
RibeiraSacraXa
Dentro deste plan, Bóveda recibiu unha achega por importe de 128.883 euros
24 Out 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitou un dos camiños deste concello lugués que foi beneficiario das axudas ao abeiro do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria 2023-2024.
Dentro deste plan, Bóveda recibiu unha achega por importe de 128.883 euros.
O obxectivo destas subvencións é acondicionar as vías de acceso rurais naquelas zonas de concentración ou reestruturación parcelaria que xa estean rematadas, aquelas nas que se teña acadado a firmeza do acordo.