Bóveda acollerá este domingo un espectáculo familiar de monicreques

Este domingo, 28 de decembro, ás 17:30 horas, o Centro Sociocultural de Bóveda será escenario do espectáculo familiar de monicreques ‘Tolitates’, da compañía Trécola Producións.
Esta actividade forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e ofrece unha proposta cultural para toda a familia no concello.