Bóveda acolle o terceiro combate do Bóveda Slam Poetry este sábado

A asociación KulturN’aldea organiza o terceiro combate do Bóveda Slam Poetry, unha competición de poesía que terá lugar no restaurante Paco de Bóveda este sábado 1 de xullo.
Durante este evento, que comezará ás 19.00 horas, as persoas participantes recitarán poemas propios durante un máximo de tres minutos e será o público que estea no establecemento o que determinará quen é a persoa que mellor o fixo.
Así, os maiores de 16 anos poderán expoñer ante o público as súas creacións artísticas e estéticas en forma de poesía para intentar gañar esta terceira competición a golpe de versos.
