Bóveda acolle o Festival Arte, Natureza e Benestar o vindeiro sábado

RibeiraSacraXa
Bóveda acolle o Festival Arte, Natureza e Benestar o vindeiro sábado, 24 de xuño, organizado pola Casa da Memoria e o Concello
Festival Bóveda
17 Xuño 2023

O Festival Arte, Natureza e Benestar terá lugar o vindeiro 24 de xuño en Bóveda, unha iniciativa promovida pola Casa da Memoria da parroquia de Xulián e o Concello de Bóveda.

Durante a xornada, as persoas que se acheguen poderán desfrutar de música, participar en sesións de ioga, participar de charlas, dun paseo pola natureza e tamén haberá actividades para nenos.

Así, desde as 10.00 ás 00.15 horas do 25 de xuño, contarase coa presenza de Ana Alcaide, Xoán Curiel, Iria Estévez, Anxo Moure, Rut García, Sonia Lamas, María Looz, Cristina Silvosa, Lucía González e o DJ Fufra.

0.1779670715332