Bóveda acolle este xoves un obradoiro sobre como detectar bulos en internet
RibeiraSacraXa
Terá lugar na biblioteca e está dirixido a maiores de 14 anos

3 Nov 2025
A Axencia de Lectura do Concello de Bóveda organiza o vindeiro 6 de novembro ás 11:30 horas o obradoiro “Como detectar bulos na internet”, dirixido a persoas maiores de 14 anos.
A actividade terá lugar na Biblioteca Accesible de Bóveda e está aberta a todas as persoas interesadas en aprender a identificar información falsa na rede.
Este obradoiro enmárcase no plan “Contra la desinformación: Bibliotecas”, impulsado polo Ministerio de Cultura, co obxectivo de fomentar o pensamento crítico e o uso responsable da información en internet.